Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Máis Galicia en Festas que nunca

    galicia-en-festas-2011-captura-1Cando hai un par de anos naceu Galicia en Festas (galiciaenfestas.tk), xa prometía. Nacía unha páxina máis dedicada ao mundo das orquestras e festas en Galicia, que se sumaba a orquestas.tk, pasionorquestas.tk e festaafesta.tk e ofrecía o mellor que podía, como todas as demais, as noticias máis destacables do mundo verbeneiro.

    E na súa andaina pola Internet, esta temporada que remata, 2011, foi moi importante para Galicia en Festas; deixouse de lado a páxina para centrarse nas redes sociais e logrouse posicionar como a principal vía de información sobre todo en Facebook. Pero non quedou aí a cousa porque este final de ano está sendo de moitos cambios e novidades espectaculares na plataforma verbeneira, porque Galicia en Festas volve a estar presente como páxina web, agora galiciaenfestas.info aínda que o soporte principal siga a ser Facebook.

    galicia-en-festas-2011-android

    Esta é só unha das moitas novidades nesta páxina que se está convertendo en plataforma de referencia para todos aqueles amantes das verbenas e seguidores das orquestras, porque Galicia en Festas xa está presente, ademais de en Facebook, en Twitter, Tuenti e MSN. Ademais, presentábase hai uns días un novidoso espazo Android desde o que poder estar informado, a través de terminais coa dita aplicación, das últimas noticias e consultar a axenda festeira e, como non, a versión para iPhone, da que xa gozan máis de cen usuarios.

    galicia-en-festas-2011-iphone

    Outras novidades destacadas que se están presentando desde a páxina son o concurso de carteis, que chega á súa segunda edición, no que se escollerá o mellor cartel verbeneiro de 2011 (o pasado ano o gañador foi o cartel promocional da Festa da Paella de Cortegada -Silleda-) e sobre todo, por ser unha iniciativa moi potente, a realización do primeiro Flash Mob verbeneiro en Galicia, unha iniciativa na que Galicia en Festas, en colaboración coa Escola de Imaxe e Son da Coruña, gravará unha actuación en exclusiva dunha orquestra galega, no mes de febreiro e posiblemente en Dodro, tocando unha canción das máis interpretadas nesta temporada e coa colaboración do público na coreografía do tema. O Flash Mob servirá de vídeo promocional para a orquestra que sexa escollida para a realización desta iniciativa. As orquestras que queiran participar no Flash Mob de Galicia en Festas teñen que poñerse en contacto co enderezo web do portal galiciaenfestas@hotmail.es

    galicia-en-festas-2011-concurso-de-carteis

    Colaboración con Festa a Festa

    Desde o seu nacemento Galicia en Festas estivo sempre interesada en colaborar con Festa a Festa e iso materializouse esta temporada 2011 coa publicación da axenda de Galicia en Festas no noso blog. Por outra banda, desde Galicia en Festas podes acceder ás noticias de Festa a Festa e, mesmo desde o teu iPhone, podes consultar as nosas novas. Ademais, desde as dúas páxinas festeiras queremos seguir colaborando e agardamos poder seguir ofrecendo máis iniciativas nas que poidamos axudar co noso traballo.

    Pero hoxe a noticia máis importante é a volta de Galicia en Festas como páxina web, con diferentes apartados de noticias, carteis, axenda festeira que se irán completando pouco a pouco, porque a festa sempre continúa!

    galicia-en-festas-2011-flashmob

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook