Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Diciembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Música benéfica desde Negreira

    Orquesta Olympus 2012 - Festival benéfico - cartel DOMINGO 16 DE DECEMBRO; Negreira - explanada do colexio O Coto; 18:00 H; Entrada 5 € A orquestra OLYMPUS ofrece outro ano máis o seu traballo para fins benéficos

    A famosa orquestra de Negreira afronta outro ano máis, por estas datas, a realización dun festival benéfico a favor dos nenos do colexio O Coto. Xa non é a primeira vez que esta formación músical traballa de balde coa finalidade de axudar a distintos colectivos, neste caso e de novo, para recadar fondos para os nenos do citado colexio.

    Ademais, a orquestra non estará soa no seu cometido. Diversos artistas como o gañador de OT 2009, Mario Álvarez, a cantante Sabela ou algúns dos participantes no exitoso programa de Telecinco La Voz pasarán polo escenario de OLYMPUS para achegar o seu gran de area coa causa e así, entre outros, estarán actuando en Negreira Javi Mota, Macarena, Yhadira ou Nieves Hidalgo.

    Pero non acaba aquí o plantel de artistas, pois se en Telecinco está arrasando o programa La Voz, na TVG o Luar dos venres segue incombustible e tamén é unha plataforma para o lanzamento de novas voces, como é o caso de Marcos Roca e Tania Veiras, que tamén estarán xunto con OLYMPUS no concerto benéfico.

    E como a actuación está dirixida especialmente aos nenos El Show de los Payasos ofrecerá o seu traballo a todos os asistentes na tarde do domingo en Negreira. Os pequenos da casa serán tamén protagonistas e mesmo poderán participar na gravación dun vídeo musical para o que só se pide unha condición, ir totalmente vestidos de branco. A gravación do vídeo que levará por título Todos os nenos queremos a paz, será a primeira actividade da tarde, antes da actuación de El Show de los Payasos e do propio concerto.

    Por unha entrada de 5 € podes gozar coa orquestra OLYMPUS e amigos á parte de colaborar cunha boa causa. As orquestras galegas seguen no seu empeño, máis que nunca, en facer da música e da festa tamén unha tarefa de axuda para os demais. Este é un novo capítulo da faceta de colaboración das nosas orquestras e grupos musicais.

    Toda a información do concerto benéfico nas páxinas da axencia e da orquestra: www.galiciaespectaculo.com e www.orquestaolympus.net

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook