Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Febrero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Música solidaria no Grove

    musica-por-haiti-2010-cartel

    Tal como anunciabamos onte na anterior entrada do blog, a festa que se levou a cabo hai dúas fins de semana na Barcala (Cambre) non ía ser a única organizada para recadar fondos para Haití. Desta volta temos que falar dunha convocatoria similar no Grove.

    Da man dos pesos pesados da axencia Alfa3 Producciones, a próxima noite terá lugar na praza do Corgo do Grove unha festa na que intervirán catro formacións musicais: AMÉRICA, MARIMBA, SUAVECITO e LEDICIA ESPECTÁCULO. A asociación cultural deportiva San Martiño do Grove é a encargada de organizar o evento que terá lugar baixo unha carpa de 900 metros cadrados a partir das 21:00 horas na vila mariñeira.

    As entradas xa están á venda en varios lugares do Grove e custan 5 € (adultos) e 2 € (menores de 12 anos).

    De novo a xente das orquestras traballará de balde para recadar fondos para os damnificados do terremoto de Haití do pasado mes de xaneiro, e parece que non será desta, tampouco, a última chamada solidaria por parte do gremio de músicos de verbena.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook