Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nace outra festa máis

    20110422_i-festa-da-xuventud-castreloI Festa da Xuventude en Castrelo (Vimianzo)

    E en plena crise seguimos anunciando novas festas. Esta vez imos ata Castrelo, no concello de Vimianzo, para anunciar a I Festa da Xuventude a cargo de tres orquestras. Como, ademais, non parece que acompañe o tempo, haberá unha gran carpa aínda que agardamos que o tempo vaia a mellor ao longo do día.

    Na zona da Costa da Morte estes días hai un gran número de actividades lúdico-festivas, eventos e festas para ter moi en conta. Aínda que as máis anunciadas quizais sexan a Mostra do Encaixe (Camariñas) e as festas do Cristo (Fisterra), en Corcubión, Cee ou Muxía tamén hai citas festivas.

    Aproveitando a viaxe, pódese aproveitar para visitar o castelo de Vimianzo, que tamén ofrece programación especial na Semana Santa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook