Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nace unha nova festa en Sada

    sada-i-festa-da-xiba

    Cartel promocional da I Festa da Xiba, en Sada, durante o día de hoxe

    Na comarca das Mariñas nace hoxe unha nova festa. En Sada terá lugar hoxe a I Festa da Xiba. Na praza Irmáns Suárez Picallo (no paseo marítimo fronte ao hotel Sada Marina e onde teñen lugar as festas patronais de agosto) nace hoxe unha nova exaltación dun produto galego que esperemos que teña continuidade no tempo.

    O Concello de Sada, en colaboración coa Cofradía de Pescadores e coa Asociación de Empresarios de Sada, presenta unha nova festa gastronómica (que se suma tamén ás tradicionais sardiñadas) para hoxe domingo, 16 de maio.

    Con esta iniciativa preténdese promover un producto da ría no que traballa un número considerable de mariñeiros sadenses, e cumprir cos obxectivos de revitalizar a Cofradía de Pescadores, así como integrar ó tecido hostaleiro de Sada na elaboración e venda do producto.

    Para consultar o programa da I Festa da Xiba visitar a web do Concello de Sada.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook