Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nace verbenalia, a nova aposta de 2012 de Espectáculos Lito

    Vigo 2012 - Verbenalia 2012 - presentaciónO próximo mes de abril, a finais, é a data escollida para lanzar unha grande aposta verbeneira. En Vigo, organizada por Espectáculos Lito, unha das axencias máis fortes de contratación de orquestras en Galicia, terá lugar unha feira verbeneira que agrupará as mellores orquestras da axencia, entre as que están as máis mediáticas do momento: PANORAMA, PARÍS DE NOIA, OLYMPUS, PHILADELPHIA, CICLÓN, COSTA OESTE, CHARLESTON BIG BAND, GRAN PARADA, MARBELLA, ACHÉ, SINTONÍA DE VIGO, JERUSALÉN e CINEMA.

    Os próximos días 26, 27, 28 e 29 de abril. PANORAMA, PARÍS DE NOIA, OLYMPUS e ata un total de catorce formacións despregarán os seus espectáculos no recinto feiral do Ifevi de Vigo (Cotogrande), nun evento con catro escenarios e un nivel de son, posta en escena e luz moi por riba das grandes xiras estatais de pop-rock.

    As orquestras participantes nas catro xornadas de Verbenalia son as 13 mencionadas, pero ademais, o xoves 26 estarán en Verbenalia o grupo TETÉ Y LOS CICLONES, comandado pola actriz Teté Delgado, e actuarán o actor e humorista CARLOS BLANCO, xunto a BUDIÑO DJ (¡Lalelo!). O sábado 28, o artista convidado será o xa mítico vocalista SITO SEDES, mítico cantante da orquestra coruñesa LOS SATÉLITES. Verbenalia está organizado por Oíde Events e Representaciones Lito, coa colaboración do Concello de Vigo. A feira nace con vocación de continuidade, co obxecto de converterse nun referente para o sector das orquestras, que move en Galicia un negocio de cerca de sesenta millóns de euros anuais.

    O domingo, ademais do grande espectáculo da noite, Verbenalia recuperará a Sesión Vermú, ao mediodía, coa banda UNIÓN MUSICAL DE VALLADARES, nun acto que pretende ser unha homenaxe a todas as comisións de festas de Galicia.

     Verbenalia está aberto ao público en xeral, de todas as idades, e conta cun área recreativa infantil, aberta desde as 17.00 horas. Ademais, haberá no recinto do Ifevi pulpeiras, rosquilleiras, degustacións gastronómicas, foguetes, chiringuitos e atraccións.

     Falamos da festa das festas, da primeira verbena do verán, da verbena máis grande do ano e da festa onde nunca chove. Verbenalia é “A Primeira Verbena Indoor de Galicia”.

     As entradas para cada un dos días dos concertos saen á venda a un prezo anticipado de 3 euros. O día do concerto, o prezo será de 4 euros.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook