Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nada será igual coa orquestra Canadá

    Canadá 2011 - orquesta - cartelCartel da nova orquestra Canadá. No centro da imaxe os cantantes, de esquerda a dereita, Sanela, Oliver e Rocío

    Se nos din tres nomes de cantantes como Sanela, Rocío e Oliver, a pouco que coñezamos algunhas formacións orquestrais diremos rapidamente, os cantantes de VERSALLES. E non nos faltará razón; é a dianteira da orquestra coruñesa en 2010. Pero este mundo cambia rapidamente e algunhas orquestras desaparecen, outras nacen e algunhas outras, transfórmanse.

    Nestes últimos apartados poderiamos incluír á nova orquestra CANADÁ. Nova porque nace como proxecto en 2011, transformada porque case todos os músicos e a totalidade dos cantantes son os da orquestra VERSALLES; aínda que non podemos pensar que sexa simplemente un cambio de nome, pois detrás de CANADÁ hai un novo proxecto e unha nova dirección na orquestra que nos fan pensar que estamos diante doutra formación musical con autonomía propia.

    E aínda que vexamos a case todos os ex VERSALLES, estamos ante outra orquestra, incluso levada desde outra oficina (Alfa3 Producciones), da cal será unha das apostas claras para este ano. O repertorio que nos ofrecerá CANADÁ pretende ser un pouco máis moderno que o estilo imperante agora mesmo nas orquestras, e chegarán co seu espectáculo ás verbenas galegas no próximo mes de abril. Concretamente, a presentación de CANADÁ será o día 15 no macrofestival de orquestras no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. Unha cita anual que estes últimos anos está collendo pulo. Alí poderemos gozar da actuación de cinco agrupacións musicais (entre elas tamén a nova orquestra AGUAZUL da que falamos hai dous días en Festa a Festa).

    Desde logo a orquestra CANADÁ promete, e de cumprirse as previsións, de seguro que nada volverá ser igual.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook