Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Febrero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nadela celebra a súa Feira do Entroido

    nadela-2010-feira-de-entroido

    A só sete quilómetros do centro de Lugo ten lugar unha das feiras de Entroido máis concorridas da zona: a Feira de Nadela. Coincidindo en día e en tipo de actividades con Lalín e a súa Feira do Cocido, nesta localidade luguesa tamén exaltan os produtos típicos do porco con moitos actos e, como non, música de festa. Nesta ocasión anúnciase a actuación da orquestra ALABAMA SHOW ademais de charangas e pasarrúas durante toda a xornada. Haberá servizo de autobuses desde Lugo e o recinto estará cuberto por unha gran carpa.

    O pregoeiro deste ano é Rafael Vázquez, natural de Nadela, ao igual que todos os pregoeiros que ata agora abriron as anteriores edicións como o director da CRTVG Luis Pérez, ou conselleiro de Política Territorial de Aragón Rogelio Silva Gayoso... entre outros. Rafael Vázquez é o fundador de Arenal Perfumerías con máis de 20 tendas en Galicia na actualidade e a recente adquisicion da cadea perfumeira El Pincel, e sempre apoia calquera acto que se celebra na súa vila natal. Chegou o momento, para el, do recoñecemento.

    PROGRAMA DA FEIRA DE NADELA 09:00 Asignación de postos, exposición e venda de produtos. 12:00 Entrega dun obsequio ós expositores. 12:30 Recepción de autoridades. 13:00 Benvida do alcalde de lugo, José C. López Orozco e do delegado da consellería de Medio Rural, Emilio López Pérez; pregón a cargo de Rafael Vázquez Reija, propietario do grupo Arenal 13:30 Convite a un viño galego con tapas de produtos do Entroido. Ao longo da mañá actuacións de charangas, pasarrúas, grupos folclóricos e sesión vermú coa orquestra ALABAMA SHOW. ALABAMA SHOW é a encargada de poñer o broche final en Nadela.

    alabama-show-poster-webA orquestra Alabama Show é a encargada da sesión vermú e da verbena nocturna

    nadela-2010-feira-de-entroido-cartel-2

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook