Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Octubre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nas festas, Ciclón 2013, en máquinas, Ciclón 2014

    Grupo Ciclón - 2010 - 072A cantante e unha das propietarias da formación musical, Noelia García,  afirmaba nunha pasada entrevista a Festa a Festa: "O grupo Ciclón está influíndo nos cambios da verbena galega"

    A falta de dous meses para o cerre de temporada, as cabezas pensantes de CICLÓN, Noelia García e Kiko Melio, xa están matinando na nova xira 2014. Cambios importantes nos compoñentes, sobre todo na dianteira, conforman o que será o grupo de cara á nova temporada. Así, para cubrir as baixas importantes na banda, nada mellor que botar man de pesos pesados da verbena galega.

    LINO MATEOS (guitarra) será substituído por MARTÍN ALMEIDA, procedente do grupo SAMBA.

    NANDO (baixo) será substituído por JOSÉ PORTELA, que procede da orquestra MARBELLA.

    JAKO SINGER (voz) será substituído por JULMAN FLORES, procedente de TROVADORES.

    CIBRÁN INSUA (voz) será substituído por MARTÍN ALONSO, procedente de FANIA BLANCO SHOW.

    Deste xeito, Noelia García estará acompañada por tres voces masculinas, a última das cales se coñecerá o próximo día 12 de outubro. Na parte instrumental seguen con Kiko (teclados), os músicos Tebi (batería), Pablo Souto (teclados) e Sergio García (percusión).

    Para imprimirlle máis forza e carácter latino, a formación bota man de Julman Flores, coñecido vocalista de orquestras como TROVADORES (2013), ISRAEL (2012) ou TRÉBOL (varias temporadas). Pero CICLÓN tamén ten un carácter máis xuvenil, fresco e arrollador, para o que contará coa voz procedente de FANIA BLANCO SHOW, Martín Alonso.

    De novo haberá cambios no escenario, un dos máis grandes da verbena galega e cos maiores medios técnicos e de iluminación, desde logo inédito fóra das grandes orquestras mediáticas. No palco traballaranse algúns aspectos para facer que concorde co fío argumental do novo tour, do que non haberá detalles para manter o efecto sorpresa ata o inicio de temporada.

    CICLÓN sempre evolucionando, CICLÓN sempre sorprendendo, despois do turrón e dalgúns temporais de chuvia e vento estará de volta con todas as novidades. Mentres, aínda podemos gozar do tramo final de CICLÓN 2013, Celestial Tour.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook