Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Octubre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Natalia Méndez, de satélite a galáctica

    Orquesta Los Satélites 2013Natalia Méndez nunha actuación recente coa orquestra Los Satélites / © Foto: roxegar 2013

    Natalia Méndez, voz feminina da orquestra LOS SATÉLITES dálle un xiro importante á súa carreira musical. Unha das consideradas mellores voces da actualidade verbeneira galega deixa unha das orquestras máis clásicas de primeira liña en Galicia para incorporarse a outra, tamén de primeira orde, das orquestras espectáculo: PANORAMA.

    O cambio é importante, e interesante ao mesmo tempo, porque imos ver a Natalia noutro tipo de orquestra á que estamos acostumados a vela nestas dúas últimas temporadas. Á fin e ao cabo todas se parecen en algo, non é un cambio radical, pero a filosofía das dúas orquestras en cuestión é bastante diferente.

    Natalia Méndez_06A cantante de Philadelphia 2007, Natalia Méndez / © Foto: roxegar 2007

    Se estes últimos anos foi a voz en solitario da afamada orquestra coruñesa, tamén temos que lembrar o seu paso por FILADELFIA (daquela PHILADELPHIA) onde a vimos acompañada por Diana Cea, Yenina Alonso (hoxe en JERUSALÉN) ou María García (na actualidade aínda segue na orquestra acompañada de Sanela Ferizovic, con quen seguirá en 2014).

    Natalia Méndez_03

    A cantante fichou como nova voz feminina da orquestra coruñesa Los Satélites en 2012 / © Foto: roxegar 2011

    Natalia Méndez_04

    Natalia compartiu escenario en Filadelfia con Diana Cea, Yenina Alonso (hoxe en Jerusalén) e María García (na actualidade) / © Foto: roxegar 2007

    Orquesta Philadelphia 2009 0013 Festa da Luz.JPG

    Natalia actuando coa orquestra Philadelphia en 2009 na Festa da Luz (A Coruña) para apoiar a candidatura da Torre de Hércules para ser considerada Patrimonio da Humanidade / © Foto: roxegar 2009

    A fichaxe de Natalia Méndez pola orquestra pontevedresa é toda unha sorpresa e un dos cambios máis chamativos para 2014; ano de moito «movemento verbeneiro». A partir de xaneiro a cantante incorporarase ao seu novo destino e cerrará unha etapa importante en LOS SATÉLITES e na súa vida profesional.

    Orquesta Los Satélites 2013 2Natalia Méndez nunha actuación recente coa orquestra Los Satélites / © Foto: roxegar 2013

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook