Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Noelia García: "Ciclón está influíndo nos cambios da verbena galega"

    Grupo Ciclón - 2010 - 072

    O grupo compostelán CICLÓN está de aniversario, e para achegarnos un pouco máis a esta banda verbeneira publicamos hoxe unha entrevista realizada a Noelia García, cantante e copropietaria de CICLÓN. Saberemos como naceu o famoso grupo, que nos teñen preparado para a festa do próximo sábado en Santiago de Compostela e para toda a temporada e moitos aspectos máis da orquestra e da verbena.

    Agradecemos a Noelia García a súa dedicación nunha semana chea de traballo e preparativos.

    Grupo Ciclón - 2010 - 022 - Ribeira

    - Desde cando se interesa Noelia García pola música?

    - A verdade é que dende sempre. Toda a vida recordo estar cantando e bailando. Xa dende moi pequeniña me pasaba o día cantándolle a todo o mundo. No colexio facían un corro de nenos e eu sentábame no medio e poñiámonos a cantar as cancións que me cantaba a min a miña nai….

    - Estiveches nalgunha orquestra ou grupo anteriormente a CICLÓN?

    - Cando tiña 18 anos gañei un concurso de karaoke e de aí chamoume unha Orquesta de Pontevedra que se chamaba COLOMBIA; e aí empecei no mundillo verbeneiro. Despois de COLOMBIA estiven nun Grupo de Santiago de Compostela chamado PLATÓ, onde coñecín o que hoxe en día é o meu socio en CICLÓN (Kiko, o teclista do grupo PLATÓ).

    Grupo Ciclón - 2010 - 065Noelia García actuando con algúns dos compoñentes da orquestra Fania Blanco Show

    - Como se xestou o proxecto CICLÓN hai xa cinco anos?

    - Durante moitos anos, Kiko e mais eu estivemos retirados do mundo da verbena. Montamos un dúo ao cal lle chamamos DÚO CICLÓN, e durante todos eses anos estivemos traballando co dúo, pero despois de todos eses anos decidimos que nos apetecía facer algo máis grande e así comezamos a xestar un grupo onde poderiamos facer outras cousas diferentes, cancións máis modernas e outra forma de actuar...

    - Aínda que CICLÓN é un grupo coñecido desde a súa aparición, as temporadas decisivas e nas que o grupo se lanza ao estrellato verbeneiro son estas tres últimas. Que pasou para dar este salto tan importante?

    - Pois supoño que un grupo ou unha orquestra necesita tempo para que a coñezan e se identifiquen co que fai. Iso leva o seu tempo e nestes anos intentamos facer cousas un pouquiño diferentes ao resto das ORQUESTRAS GALEGAS. Facendo temas tan dispares como hip hop, metal, gospel, folk, temas de B.S.O, heavy... e penso que a xente se foi adaptando a esta forma de facer verbena. Tamén o investimento que fixemos fai tres anos foi bastante importante, e creo que a infraestrutura de CICLON e despois das xa coñecidas PARÍS, PANORAMA, e OLYMPUS, cremos que temos unha das mellores infraestruturas do mundo da verbena. Hoxe en día iso tamén é moi importante.

    - Fálanos un pouco, desde a túa perspectiva como empresaria, da situación actual das orquestras en Galicia e como ves o futuro.

    - Eu penso que hai unha crise que afecta a todo en xeral e tamén lle toca ao mundo da verbena, pero as festas en Galicia teñen moita importancia e sempre en maior ou menor medida se farán festas.

    - Prefires unha orquestra de baile, un grupo espectáculo ou a cousa vai por unir ambas características?

    - No mundo da verbena xa houbo un gran cambio, para ben, grazas xustamente a iso, quizas aínda falta que se agregen máis grupos e orquestras a este cambio. Nunha festa dá tempo de sobra para que a xente vexa un bo espectáculo, baile, disfrute.. Un cambio importante para isto foi que hoxe en día xa hai algunhas formacións con tres, catro e ata cinco cantantes, iso fai que xoges con moitos estilos de musica pois cada cantante ten diferentes características.

    - Dános unha visión xeral dos músicos do grupo CICLÓN.

    - Somos unha pequena familia, na que cada un o dá todo polo grupo.

    Grupo Ciclón - 2010 - 027 - Ribeira

    - E fóra de temporada, CICLÓN continúa funcionando como dúo, no que actuades ti e Kiko, tal como nos comentabas antes. En que se diferencia o dúo CICLÓN do grupo CICLÓN?

    - En que o dúo somos dous e no grupo somos oito, aínda que a idea é a mesma: que a xente se divirta e disfrute, a gran diferenza é que o no grupo facemos máis estilos de música, facemos máis espectáculo, e máis espectacular…

    - Pensaches algunha vez en converter o grupo CICLÓN en orquestra con metais, ou non é necesario dar ese paso para consolidarse aínda máis?

    - A verdade é que algunha vez si que se pensou en facer, pero nunca se chegou a pensalo en serio. Cremos que o grupo CICLÓN é un grupo informal e divertido e dá resultado así como é. Algún día ao mellor si que nolo plantexamos pero hoxe en día non pensamos que haxa que ser orquestra para ser grande no mundo da verbena. Cremos que CICLÓN ten a súa esencia así e ao mellor se o facemos ORQUESTRA perdemos esa frescura de GRUPOOOOOO...

    - En moitos lugares as comisións de festas equipáranvos a PANORAMA ou OLYMPUS, noutros incluso ides no lugar destas por ser unha orquestra máis barata pero cun espectáculo parecido. Que opinas de que vos comparen con outras orquestras máis grandes en infraestrutura?

    - Penso que a nosa traxectoria dende que comezamos ata agora é moi boa, temos un gran grupo cun gran proxecto, co tempo iremos plasmando ideas que temos para seguir innovando, estamos influíndo no cambio dos tempos na verbena galega, por iso somos un grupo grande.

    - Por que un bo festeiro non se pode perder unha actuación de CICLÓN?

    - Eu penso que CICLON e un grupo que lle gusta a toda a xente, porque é divertido, enxeñoso e creo que cando unha persoa vai a unha verbena, o que quere é marchar da festa cunha sonrisa, e seguro que se ve a CICLÓN vai ver algo que nunca viu nunha verbena.

    - Que nos ten preparado CICLÓN para a temporada 2011?

    - Un comezo espectacular, baile, novas personaxes encima do escenario, moitas risas. Moita caña coma sempre, e un AVIÓN que sobrevoará toda GALICIA.

    - De quen foi a idea de meter no escenario un avión de case 8 metros?

    - É unha das moitas ideas que temos na nosa cabeza, e que cada ano iremos intentando sorprender ao noso público.

    Grupo Ciclón - 2010 - 067Noelia e Kiko nunha actuación de Ciclón

    - E xa centrándonos na próxima actuación do sábado, na que celebraredes o quinto aniversario de CICLÓN, actuando na Alameda de Santiago. Que nos tedes preparado para esa actuación especial?

    - Haberá fogos de artificio, regalos, unha persoa do público subirá na nosa actuación ao avión... e moitas cousas máis que se queredes sabelas teredes que vir o sábado a Santiago de Compostela.

    - E xa centrándonos na próxima actuación do sábado, na que celebraredes o quinto aniversario de CICLÓN, actuando na Alameda de Santiago. Que nos tedes preparado para esa actuación especial?

    - Grazas a todos os verbeneiros por seguir non só a CICLÓN, senón a todas as ORQUESTRAS que formamos o mundo da verbena...

    Grupo Ciclón - 2010 - 054Noelia García posando, o ano pasado, despois dunha actuación benéfica para recadar fondos para Haití / © Fotos: roxegar 2010

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook