Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Noite especial en terras de Santa Comba

    Santa Comba 2011 - Festas de San Luís na Pereira - cartelO día 24 de agosto hai unha cita moi especial na Pereira para os amantes da festa: Aché e Ciclón marcarán unha noite de troula irrepetible

    Por terras de Xallas, no concello de Santa Comba, os veciños da Pereira celebrarán este vindeiro mércores unha cita moi especial, a festa en honor a San Luís. Nesta data sinalada neste lugar de Santa Comba, o grupo compostelán CICLÓN vai organizar unha festa para os seus seguidores que incluso será gravada por medios de comunicación. A avioneta ciclónica aterra na Pereira este próximo mércores e non o fará soa, a orquestra ACHÉ estará acompañando ao grupo de Noelia García nunha noite que pretende ser irrepetible para os veciños e numerosos visitantes que se achegarán ao campo da festa.

    Nada mellor que dúas formacións que arrasan alá por onde pasan para unha noite de boa festa e con repertorio do máis variado para contentar a todos os asistentes: moita cumbia, pasodobre, os ritmos quentes de ACHÉ, a música de actualidade, temas de exhibición, moito espectáculo e a contundencia roqueira de CICLÓN para cerrar a noite. A orquestra de Vilanova de Arousa será a encargada de abrir a celebración, ás 23:15, para dar paso, a continuación, á banda compostelá.

    Para os veciños, a festa xa empezará ao mediodía con actos relixiosos e sesión vermú; e aínda para completar a cita, haberá outra actuación especial: IRIA BERMÚDEZ demostrará por que é a representante da Costa da Morte no programa Luar, da TVG.

    Nunca a avioneta de CICLÓN estivo tan acompañada nesta temporada. Esperemos que a parada de emerxencia non cause estragos cando rebente o campo da festa. CICLÓN e ACHÉ é unha combinación moi perigosa, desde o punto de vista festeiro, claro está, e non apta para aqueles que non leven o baile e a diversión nas veas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook