Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nomes con voz propia: Tamara Naje en Israel 2012

    orquesta-israel-2012-tamara-najeTamara Naje, ex Galilea, Suavecito, París de Noia e Ismael é a primeira gran fichaxe da orquestra Israel Espectáculo

    A esperada volta da orquestra ISRAEL está cada día máis cerca. Un nome a ter moi en conta na historia verbeneira de Galicia que se resiste a morrer e que, en 2012, volverá anos despois da súa disolución.

    Era unha das grandes, a ISRAEL, por iso cando se disolveu deixou un oco importante no mundo das verbenas; lugar que se foi ocupando por outros nomes que acaparan hoxe os primeiros postos nas orquestras máis mediáticas. Pero a ISRAEL ESPECTÁCULO volve en 2012 para recuperar o lugar perdido e pouco a pouco iremos coñecendo máis detalles da nova formación musical.

    E a cousa pinta ben, moi ben. Porque a primeira fichaxe que se dá a coñecer é un peso pesado na verbena galega. Tamara Naje será unha das vocalistas da renovada orquestra, e se o nivel de fichaxes segue así non hai dúbida de que a ISRAEL vai dar moito que falar.

    Por que no currículo de Tamara Naje só caben nomes de grandes formacións: fíxose coñecida a través da orquestra ISMAEL, despois saltou á PARÍS DE NOIA cando a banda noiesa xa estaba nos primeiros lugares das orquestras máis famosas, máis mediáticas e consideradas "grandes". Alí formou dianteira con Blas, David Balboa e Vanessa Fernández. Posteriormente formou parte da orquestra SUAVECITO, unha formación moito máis clásica que a de Noia; pero a Tamara non se lle resistiu o cambio de repertorio e demostrou que a súa voz está por enriba de estilos musicais. Por último, en 2011 formou parte da espectacular orquestra GALILEA, cun cadro de músicos impresionante e unha boa dianteira que non se repetirá, pois Tamara é xa unha das cantantes de ISRAEL.

    Pronto coñeceremos máis fichaxes para a nova formación musical. E como sexan todos deste nivel a ISRAEL vai volver moi potente.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook