Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Noviembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nova imaxe para a orquestra Foliada

    Foliada 2011 - orquesta - cartel[Foliada 2011. Podes clicar na imaxe para vela a maior tamaño]

    A orquestra coruñesa FOLIADA presenta o novo cartel para a temporada 2011. Dous únicos cambios, pero importantes, no cadro de músicos e cantantes. Dúas incorporacións femininas para unha formación caracterizada por tocar para todos os públicos.

    Substituíndo a Bea na dianteira, incorpórase Melyssa, procedente da orquestra LOS ESPAÑOLES. E nos teclados o segundo cambio en FOLIADA para 2011; incorpórase Yolanda, procedente da orquestra ATLANTA, e que tamén apoiará nas voces.

    Aínda que Yolanda xa vén doutra formación musical, poucas son aínda as orquestras que teñen a mulleres entre os seus instrumentistas e parece que esta situación felizmente vai cambiando. Fóra das orquestras tipicamente femininas, no resto hai poucos casos de formacións musicais con mulleres tocando (PARÍS DE NOIA, GALILEA, SUAVECITO e poucas máis). Agora en FOLIADA os teclados levan nome de muller.

    Xa está case todo disposto para unha nova temporada da orquestra FOLIADA, con cambios no repertorio e no espectáculo, unha banda que cada ano vai a máis.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook