Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nova imaxe Philadelphia 2010

    orquesta-philadelphia-2010-cartelNova imaxe da orquestra Philadelphia 2010

    A orquestra PHILADELPHIA acaba de presentar o seu cartel para esta temporada. Fíxose de rogar pero por fin está aquí. A formación musical xa ten actualizada a súa imaxe cos novos integrantes.

    Unha orquestra, a PHILADELPHIA, que nos ten acostumados a uns carteis espectaculares. O deste ano quizais sexa algo menos vistoso que os anteriores, pero sempre curiosos e orixinais. Desta volta o afiche consiste nunha composición realizada a partir de multitude de fotos tomadas aos compoñentes en diversas posicións e con vestimenta diferente. Na nova composición, os retratos e imaxes a medio corpo dos músicos e cantantes enchen totalmente o cartel.

    Este ano a orquestra PHILADELPHIA trae novidades, de compoñentes, que xa coñecemos á perfección, e de repertorio. Unha selección que está dando moi boas críticas pola escolla de temas, a interpretación e a coidada posta en escena.

    E aínda non acaban aquí as novidades, xa que tamén haberá disco novo con algún tema propio composto por un dos compoñentes. Non se pode negar que PHILADELPHIA ocupa un lugar destacado na verbena galega; proba de que o bo traballo sempre ten a súa recompensa.

    Philadelphia 2009 - cartelAnterior cartel da orquestra Philadelphia (2009)

    Philadelphia 2008 cartel.jpg

    Cartel da orquestra Philadelphia na temporada 2008

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook