Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Febrero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Novidades da orquestra Costa Oeste 2010

    orquesta-costa-oeste-2010-webPresentación da nova páxina web e formación 2010 de Costa Oeste

    A orquestra COSTA OESTE acaba de presentar o novo deseño da súa páxina web para esta nova temporada. Novos compoñentes en trompeta, trombón e voz feminina, nova web, novo cartel e algunha sorpresa máis no repertorio da formación musical para 2010.

    A páxina web é unha das máis completas, con apartado de Última hora, no que a orquestra intentará manternos informados de todas as novidades, compoñentes, galeria de fotos, calendario de actuacións, contacto; e outros apartados en construción como son vídeos, cancións, chat (que funcionará os luns a partir das 20:00 horas), equipo técnico, merchandising e un espazo dedicado ao club de fans.

    En canto aos compoñentes, son tres as baixas e incorporacións na COSTA OESTE 2010: Freddy Cárdenas, Poly e Esther Alarcón causan baixa e entran no seu lugar Noelio (procedente de PANORAMA), Miro Lamas (procedente de CAPITOL) e Dunia Santana (procedente de MARIMBA).

    O cadro de compoñentes queda así: Javier Comesaña, Juan Carlos Terán, Sonia Montero e Dunia Santana nas voces; André (percusión, coreografía e coros), Cendón (batería), Miro (trombón e coros), Noelio (trompeta, teclados e arranxos musicais), Óscar (teclados), Ramón (guitarra), Sam (saxo, frauta e coros) e Suso (baixo e coros).

    Con Noelio nas filas de COSTA OESTE, a orquestra ten un valor seguro en canto a repertorio e arranxos. A nova temporada de COSTA OESTE promete...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook