Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Diciembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Novidades verbeneiras e festa benéfica

    Hoxe a orquestra Olympus traballa para acadar fondos para os alumnos do colexio público O Coto. Para iso ofrecerá un concerto benéfico

    A orquestra OLYMPUS comeza forte a nova temporada. Porque será esta tarde no seu concello onde ofrecerá un concerto en beneficio dos alumnos do colexio público O Coto. Ademais, á parte de coñecer as novas caras da formación musical que comezou hai escasas semanas a nova xira, levarase a cabo unha novidade (que saibamos nós) na verbena galega, e é a realización do primeiro flashmob por parte dunha orquestra en Galicia. Será esta tarde no patio do colexio citado.

    Así, integrantes e seguidores bailarán ao mesmo tempo os compases do tema Ai se eu te pego, de Michel Teló, canción que está arrasando e será un dos temas centrais de 2012 nos campos de festa.

    Música con finalidade de axuda, como ultimamente moitas agrupacións musicais nos teñen xa acostumados. Axuda que se agradece moito, e máis en tempos de crise. Hoxe a protagonista é OLYMPUS na súa terra.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook