Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O albariño é o rei da festa

    cambados-albarino-2010-cartelCartel promocional da Festa do Albariño de Cambados 2010

    A terra do albariño está de festa. A localidade mariñeira de Cambados celebra a súa cita festeira máis importante. Desde o mércores e ata o vindeiro domingo, a vila cambadesa ofrece un longo e completo programa de actos lúdicos e festivos onde prima a degustación e a música, con verbenas e concertos variados.

    No apartado musical salientan as actuacións que se están levando a cabo esta noite,: verbena coa orquestra D'TACÓN e concerto de M3, PASTORA SOLER, MIKEL ERENTXUN e ÁLEX UBAGO.

    Na noite do venres pasarán pola praza de Fefiñáns HOMBRES G e a verbena estará a cargo do grupo NARANJA e da orquestra RÍA DE AROSA. O sábado é a vez para COSTABLANCA e SABROSITO e un gran concerto a cargo de KATE RYAN.

    Xa o domingo, como remate, á parte de todas as actividades complementarias á festa e da gran tirada de fogos artificiais, a música estará a cargo de BLACK STONES e REINA MALA. Na verbena soará o repertorio da orquestra LEMBRANZA.

    Podes consultar todo o programa na páxina web do concello de Cambados.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook