Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O barrio coruñés dos Rosales estala en festas

    A Coruña 2011 - Festas dos Rosales - cartel[Clica na imaxe para ver a información a maior tamaño]

    Teño en festas o meu barrio da Coruña, Os Rosales, e xa por cuarto ano consecutivo non vou poder estar alí. A distancia non fai que me esqueza cada ano das celebracións dos meus veciños.

    As actividades lúdico-festivas van desde o deporte ata o teatro ou a organización de distintos obradoiros, así como a busca dun tesouro, actividade que se estreou o pasado ano e tivo grande aceptación.

    A crise nótase nestas festas, que presentan nesta edición un programa reducido, en canto a orquestras se refire. Xa é o segundo ano en que só haberá unha actuación de verbena, LEDICIA ESPECTÁCULO. A orquestra ourensá será a formación musical que amenizará as festas patronais dun dos barrios máis atractivos para vivir na Coruña. E dígoo por experiencia… boas festas veciños!!!

    Festas dos Rosales (A Coruña) 2007Imaxe da Praza Elíptica dos Rosales nunha tarde de festa en 2007 / © Foto: roxegar 2007

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook