Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O bo tamén acaba

    Ribeira 2011 - Festas do VeránO Barco Pirata é unha das atraccións instalada no recinto feiral de Boiro / © Foto roxegar 2011

    Onte os veciños vigueses despedían as súas festas de 2012 con grande éxito de convocatoria. Un cartel de gran calidade durante cinco días de celebracións que permitiron que os vigueses puidesen gozar dalgunhas das consideradas mellores orquestras de Galicia. Ata altas horas da noite o recinto das festas estivo ateigado de xente e as atraccións de feira funcionando a pleno rendemento.

    Iso mesmo vai pasar esta noite en Boiro, as Festas do Verán rematan hoxe coa actuación ás 22.30 da orquestra PANORAMA e a continuación COSTA OESTE presentando o seu flamante BOXING TOUR 2012. As atraccións de Boiro, que non son menos que as viguesas, tamén terán un bo fin de festas pola afluencia que se presume que teña hoxe a verbena na praza de Galicia.

    As festas de Coia pásanlle a vez ás que se celebrarán en quince días no barrio de Bouzas, famosas sobre todo polo espectáculo pirotécnico. As de Boiro, pola súa banda, cédenlle o paso ás de Cabo de Cruz, no mesmo concello, ou ás de Aguiño (Ribeira) que, xunto con Rianxo celebrarán a festividade do Carme. Tamén se achega outra cita ineludible no Barbanza, a Festa da Dorna, en Ribeira, da cal daremos conta neste blog.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook