Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Enero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Boxing Tour de Costa Oeste cerra o Nadal en Ferrol

    Ferrol 2012 - Festas do Nadal e San Xulián

    A orquestra COSTA OESTE será a encargada de cerrar as festas do Nadal de Ferrol. A cidade está inmersa nunhas celebracións de moita tradición que enlazarán coas patronais de San Xulián (o día grande é o luns 7). Despois de pasar pola praza de Amboaxe as orquestras MARBELLA (con modificacións importantes no escenario) e PALLADIUM (coas novas incorporacións para 2013 que inclúen nova vocalista), hoxe chégalle a vez a COSTA OESTE para cerrar as celebracións do Nadal.

    Tamén nesta formación musical haberá algúns cambios na formación pero que non afectan á dianteira. Os insistentes rumores de baixa de Javier Comesaña, entre outras, eran infundados e a dianteira de COSTA OESTE parece que permanecerá sen alteracións: Javi Comesaña, Sonia Montero, Juan Carlos Terán e Marta Valiño.

    Esta noite en Ferrol COSTA OESTE poñerá todo da súa parte para unha noite de festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook