Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Brincadeira dá paso ás patronais de Ordes

    Ordes 2011 - Festas patronais - cartelDespois do Festival Brincadeira, chega a Ordes a festa patronal con varios días de verbenas importantes. O programa en Ordes parece que non nota demasiado o recorte xeneralizado que se está a dar nas programacións festeiras. Quizais falte unha orquestra máis para a primeira noite, na que actuou en solitario a orquestra rianxeira ABANICO, pero o resto de noites estarán amenizadas por dúas formacións musicais, algunhas de gran renome pero todas elas ben coñecidas.

    Así OLYMPUS estará acompañada pola orquestra LA BÁMBOLA, a PANORAMA e a PANAMÁ amenizarán o día 16, e para finalizar o 17 estarán SALSA ROSA e a PARÍS DE NOIA.

    Despois do Festival Brincadeira, cun cartel de nivel, as patronais en Ordes non podían ser menos. E que siga a festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook