Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Castiñeiriño ou Fontiñas?

    Grupo Ciclón 2013 - cartelO grupo Ciclón cerrará o próximo domingo as festas de Fontiñas onde actuarán tamén Chicas Show (venres) e La Bámbola (sábado)

    La Bámbola, Gran Parada, Jerusalén, Alkar, Charleston Big Band e Channel amenizarán as festas do Castiñeiriño

    Ou os dous. Os dous barrios composteláns están en festas esta semana e ofrecen moita música dende o xoves (O Castiñeiriño) ata o domingo (O Castiñeiriño e Fontiñas). Agás o xoves, onde só hai festa no primeiro, o resto de días coinciden as dúas propostas festivas, pero isto non é nada novo e só é cuestión de escoller unha ou outra, ou, se se pode, un pouco en cada unha delas.

    O Castiñeiriño é o primeiro en comezar as festas. O xoves actuará a orquestra LA BÁMBOLA acompañada pola discoteca móbil GLAM. A mesma formación musical estará en Fontiñas o sábado.

    A segunda xornada no Castiñeiriño é tamén a primeira en Fontiñas. GRAN PARADA e JERUSALÉN amenizarán a primeira proposta mentres que CHICAS SHOW será a formación encargada de comezar as festas en Fontiñas, ao carón do centro comercial Área Central.

    O sábado é xornada festeira nos dous barrios. O grupo ALKAR e a orquestra padronesa CHARLESTON BIG BAND actuarán no Castiñeiriño. LA BÁMBOLA farao en Fontiñas ás 23.00 horas.

    O domingo é o último día de celebracións en ambos os dous barrios. O grupo CHANNEL cerrará no Castiñeiriño mentres que o grupo CICLÓN ofrecerá unha actuación máis dentro da súa xira titulada MMXIII Celestial Tour, cunha nova montaxe e un repertorio actualizado.

    E ti onde vas ir? Non será que non hai variedade...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook