Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O ceo de Bouzas volverá a brillar

    Boomerang - Festas de Arteixo 2007Ata o próximo mércores 18 o barrio vigués de Bouzas vístese de festas

    O barrio de Bouzas, en Vigo, celebra ata o próximo día 18 as festas do Carme. Como lugar que vive e goza do mar, a cidade viguesa acolle estes días unhas das festas máis importantes. Se hai dez días acababan as celebracións en Coia, unhas das máis importantes da cidade e de Galicia pola súa afluencia de público e cartel de actuacións verbeneiras, agora tócalles ás de Bouzas, con verbenas en varios puntos do barrio, moitas actividades paralelas, un gran recinto de atraccións de feira, a procesión e os seus fogos de artificio. Porque se de algo poden estar orgullosos os veciños de Bouzas é de poder ofrecer aos visitantes e gozar dunha espectacular sesión pirotécnica de sona en toda Galicia e mesmo fóra das nosas fronteiras.

    Para abrir o programa musical, contarase coa actuación da orquestra CIUDAD CRISTAL e do grupo ACIREMA. O prato forte poñerao o dúo CÓMPLICES, que ofrecerá un concerto na súa cidade na primeira noite festeira.

    Ata o día 18 en que terá lugar o Día do Neno con descontos nas atraccións, a festa estará instalada en Vigo. Xa de alí partirán o día 19 as atraccións cara a outros puntos onde haberá festa nos seguintes días: O Burgo (Culleredo), Arteixo, Santiago de Compostela ou en Pontevedra onde se celebrará a Festa do Santiaguiño nos anexos ao pavillón municipal.

    PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS DE BOUZAS 2012

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook