Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O champiñón de Ordes, de festa pero sen verbena

    Ordes 2011 - Feira multisectorial - cartel

    Esta fin de semana estase a celebrar a Feira Multisectorial de Ordes, que vén incluíndo na súa programación a Festa do Champiñón e outras propostas típicas das festas como atraccións de feira e verbenas.

    Esta última non se levará a cabo este ano. Nin onte pola noite nin hoxe haberá verbena en Ordes, aínda que si se escoitará música de charanga e de banda e, ademais, haberá mostras, pulpeira e a degustación típica do champiñón nos locais do centro da vila e campo da feira.

    Quen acuda a Ordes esta fin de semana pode acabar mercando un coche, unha maquina agrícola, campiñóns e outros produtos gastronómicos, roupa e calzado, artesanía ou mesmo renovar as ventás ou os mobles da casa... todo está en Ordes ata a noite de hoxe domingo, pero sen verbena.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook