Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O concello de Ribeira destina máis de 60.000 euros para as axudas das festas

    Ribeira 2011 - Festa da Dorna - cartelOs carteis da festa da Dorna, en Ribeira, son verdadeiras obras de arte. A organización presentou o cartel de 2011 e ultima detalles a pouco máis dun mes da súa celebración

    O concello de Ribeira, capital do Barbanza, publicou esta semana toda a información para solicitar axudas para a celebración das festas das distintas parroquias e vilas do concello. Para estes efectos destínanse 66.000 euros para repartir entre os solicitantes que reúnan os requisitos. Na páxina web do concello está exposta toda a información.

    O concello de Ribeira pode presumir de ter algunhas das mellores festas da comarca. As máis recoñecidas quizais sexan as que se celebran en Santa Uxía, na propia cidade barbanzana: a Festa da Dorna no mes de xullo e as Festas do Verán a principios de agosto. Tamén na Centenaria celebran as festas patronais no mes de setembro.

    Salvo as Festas do Verán, que son organizadas polo propio concello, o resto de eventos populares poden aceder ás axudas ofrecidas. Calquera das numerosas celebracións das súas nove parroquias: Ribeira (Festa da Dorna, festas patronais), Olveira (patronais), Palmeira (Festas do Verán en agosto), Castiñeiras, Corrubedo (Festas do verán en agosto e algunhas outras menores), Artes, Aguiño (varias celebracións, entre elas a do percebe e as do Carme en xullo), Carreira (patronais que se celebran esta fin de semana) e Oleiros.

    Unha das grandes citas en Ribeira é, sen dúbida, a Dorna, que xa ten cartel oficial e que a pouco máis dun mes da súa celebración xa se están ultimando os últimos detalles para que a Centenaria estale en festas un ano máis.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook