Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O corgo prepárase para o festón

    O Corgo 2011 - Festa da Xuventude - cartelCartel anunciador da Festa da Xuventude, esta noite no Corgo, Lugo

    En escasas horas terá lugar a música da Festa da Xuventude no Corgo, Lugo, onde a celebración se abriu esta tarde cunha gran churrascada. Dous grupos que pretenden destacar do resto, e de feito o están a facer, con repertorios moi actualizados e música de todos os estilos, FUTURO e D'MODA, amenizan esta noite unha xornada festiva que atraerá a moita público, sobre todo mocidade, ata O Corgo.

    FUTURO, aínda que galegos, non son aínda moi coñecidos pola nosa terra. Curiosamente, si tocan moito en localidades de Castela e León. En canto a D'MODA, este ano presenta novidades na voz feminina. Maythe Leiva (ex PANORAMA) forma parte do grupo musical en substitución de Ana Legido, que acabou fichando na rianxeira GRAN PARADA.

    Boa festa esta noite no Corgo, con música para todos ata altas horas da madrugada.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook