Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O diluvio que estragou a festa en Porzomillos

    París de Noia - 2010 - 034 - Aguiño (Ribeira) As orquestras Panamá e París de Noia (Blas Piñón na fotografía) tiveron que suspender a actuación en Porzomillos (Oza dos Ríos), pero as formacións musicais ofrecéronlle á Comisión actuar o vindeiro 11 de setembro

    Un auténtico diluvio o que caeu a noite de luns en Porzomillos. Á Comisión de Festas pillouna con 500 quilos de carne nas grellas, carne que foi literalmente "para os cans"; pero a desafortunada noite aínda non rematou aí, porque a verbena que ía ser amenizada polas orquestras PANAMÁ e PARÍS DE NOIA quedou tamén suspendida, ademais do espectáculo que ían ofrecer as Cantareiras de Ardebullo.

    Finalmente as orquestras acordaron, conxuntamente coas Cantareiras, ofrecer a verbena suspendida o vindeiro día 11 de setembro e así o contratempo do luns será subsanado coa actuación esa nova data.

    SUSPENSIÓN DA FESTA EN PORZOMILLOS La Opinión A Coruña

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook