Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O festón de Montemaior

    Orquesta Olympus 2011 - foto verán elesImaxe de verán na que aparece a dianteira masculina de Olympus: Danni, Pablo Somoza, Rodo e Peke. A orquestra de Negreira actúa esta noite en Montemaior (A Laracha) acompañada pola orquestra Madeira

    Varias son as parroquias da Laracha (A Coruña) con festas potentes. Non hai moito falabamos das de Soandres ou das de Paiosaco e acaban de ser, tamén, as de Golmar. Agora tócalles aos veciños de Montemaior que desde onte están de celebracións durante catro días.

    Abría as festas unha grande orquestra cun completo repertorio para todos os públicos e que, contrariamente ao que algúns pensan, leva tamén unha potente sesión para a xente nova no segundo pase: ABANICO.

    Mañá continúan as festas coa orquestra MADEIRA e o espectáculo impresionante de OLYMPUS, cun renovado e actualizado repertorio presentado nun espectacular escenario.

    O sábado chega a Montemaior a renovada orquestra NOVA IMPERIAL, case que estreando algún novo compoñente, e o espectáculo dos amigos de CICLÓN con avioneta incluída.

    Para cerrar as festas o luns, contarase co grupo BLUESTAR e a orquestra ALARMA que, á parte de presentar un completo repertorio para todos os públicos, agora métese tamén a producir películas e preséntanos as historias de Jacinto e Finisterre (interpretados por dous compoñentes da formación musical).

    En resumo, un completo cartel festeiro para poder seguir dicindo que na Laracha hai festas moi potentes.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook