Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O festón de Parada xa está aquí

    Ordes 2011 - Festa da Xuventude de Parada  - cartelComo vén sendo habitual, os carteis festeiros en Parada (Ordes) son de primeira liña, tanto na Festa da Xuventude, que hoxe se celebra, como nas patronais do mes de xuño. Pois para seguir coa tradición de boas festas e encher o campo da festa, dúas das orquestras máis recoñecidas do momento: PARÍS DE NOIA e PANORAMA, asiduas de Parada, que este ano coinciden para amenizar a Festa da Xuventude, unha cita que se está volvendo imprescindible en toda a comarca.

    As dúas formacións musicais chegan cos repertorios actualizados, novos e espectaculares escenarios e postas en escena moi coidadas. O espectáculo, os xogos de luces e a boa música fan un equipo perfecto para encher de novo o campo da festa e deixar contentos os miles de festeiros que hoxe se congregarán en Parada.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook