Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O festón de Quión

    Samba 2011 - grupo - cartelSamba e a Orquestra da Televisión Nordés abriron as festas de Quión (Touro). Outras catro formacións amenizarán as verbenas durante dous días máis

    No concello de Touro, a localidade de Quión disponse a pasar tres días de festa con seis orquestras e grupos musicais (dous para cada día) de gran sona todos eles. Para a primeira xornada (que se está levando a cabo nestes momentos) cóntase co grupo SAMBA (que xa actuou na sesión vermú) e a orquestra TV NORDÉS que prosegue co seu calendario despois de que a pasada semana o condutor do tráiler da formación resultase ferido nun accidente de tráfico que inutilizou o escenario. A pesar deste contratempo a orquestra segue ofrecendo o seu espectáculo nun palco alugado.

    Para a segunda xornada contarase co grupo asturiano TEKILA e a orquestra COSTA OESTE (que actúa nestes momentos con ACHÉ en Sésamo - Culleredo).

    Para cerrar as celebracións chegarán a localidade o grupo ALKAR (que tamén sufriu un incidente no seu escenario o luns da pasada semana, tal como informamos en Festa a Festa) e a orquestra pontevedresa PHILADELPHIA co seu novo espectáculo e repertorio 100% bailable.

    En Quión seguen ofrecendo ano tras ano carteis de calidade e con agrupacións musicais moi variadas. Desde hoxe luns ata o mércores 3 a festa está en Quión (Touro).

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook