Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O futuro comeza hoxe con Olympus 2012

    Unha imaxe moi moderna para a orquestra Olympus 2012

    A orquestra OLYMPUS comeza xa a adiantar detalles do que será a nova xira da afamada formación musical. A nova páxina web, tal como se anunciou, está xa operativa coas seccións habituais: calendario, compoñentes, contacto, libro de visitas, zona fans... e unha nova denominada El armario de Olympus cun completo catálogo de roupa da orquestra.

    Ademais adiántasenos unha nova imaxe, moi moderna e futurista, de cada un dos compoñentes (incluídas as novas incorporacións) que podes ver tamén na nosa conta de Flickr ou na páxina web da orquestra.

    OLYMPUS 2012 empeza xa a rodar e pronto poderemos velos en acción. A partir de agora espéranos toda unha serie de novidades que a orquestra irá desvelando pouco a pouco e que, supoñemos, presentarán nunha actuación antes do verán, como xa vén sendo habitual. O futuro xa está aquí, chámase OLYMPUS.

    www.orquestaolympus.net

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook