Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O grupo Assia chega hoxe a Galicia con importantes novidades

    Grupo Assia 2011 - foto escenarioO grupo Assia estrea esta temporada novo escenario. Foto recreación dun orixinal de OdL

    O grupo asturiano ASSIA anda hoxe por terras galegas. É a festa anual do grupo OdL, en Valga, talleres dos cales saíu o impresionante novo escenario do grupo de Xixón. ASSIA estrea palco esta temporada, equipo de iluminación e equipo de son. Nada menos que 70.000 w de son para un grupo adorado por profesionais e público en xeral. Voces de luxo e instrumentistas non menos bos é o segredo da banda asturiana que hoxe fará a súa primeira data galega presentando o novo escenario e, sobre todo, o novo repertorio. Ademais, Javi Rubio, teclista, toca este ano un piano á parte de cantar algún tema e facer coma ninguén os coros da maioría dos temas do repertorio. Música de actualidade, temas verbeneiros pero tamén, e sobre todo, grandes clásicos da música internacional para deleitar a todos os públicos.

    Para aqueles que queiran escoitar algo diferente recomendamos que se acheguen esta noite a Valga; ademais, os amigos de ASSIA non estarán sós, tamén haberá música por parte da orquestra portuguesa NORT MUSIC e da prestixiosa TRÉBOL de Ferrol, tal como informamos en Festa a Festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook