Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O grupo Bambú xa está preparado para a nova temporada

    Nova imaxe do grupo Bambú para a xira 2012

    Un pequeno grupo que se daba a coñecer en 2011: BAMBÚ. Esta nova formación musical xa está preparada para afrontar a que será a súa segunda temporada nos campos de festa e nas salas de toda Galicia. Ademais, o grupo medra, por que pasa de 5 a 6 compoñentes e presenta caras novas nas súas filas para o novo tour que leva por título Aqua e que xa comeza, pois o grupo non vai parar no inverno.

    As novas incorporacións son Tony Planas (guitarrista) procedente da orquestra ALARMA e que xa formou parte doutras formacións como JUAN MALLO, NUEVA GENERACIÓN ou LAMAS. Cristian, batería procedente da orquestra OASIS e Richard, que vén da orquestra CANADÁ.

    Continúan na formación musical Gonzalo (batería) e as voces: Macarena Tejada e Jesús Barral. En 2012, de seguro, o grupo BAMBÚ seguirá crecendo e consolidándose. Moita sorte!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook