Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O inicio do camiño de Olympus 2010

    A orquestra OLYMPUS acaba de presentar o novo espectáculo para 2010. Novos temas, enmarcados nunha historia entrañable, e interpretados no novo e espectacular escenario. Todas estas novidades foron ofrecidas o venres pasado en Parada (Ordes) ante mareas de festeiros e sobre todo de seguidores da orquestra que se trasladaron desde distintos puntos de Galicia e incluso de fóra (varias parellas viñan de León e un pequeno grupo de siareiros procedían de Asturias).

    O campo da festa de Parada tinguise de cor vermella para presenciar o novo espectáculo de OLYMPUS e apoiar os compoñentes da orquestra. Tamén había un nutrido grupo de persoas que portaban camisetas e roupa de cor lila, a orquestra ACHÉ tamén ofreceu no mesmo campo da festa algunhas das súas novidades para 2010.

    Publicamos hoxe o vídeo presentación de OLYMPUS, a intro coa que van percorrer durante todo o verán e ata o 31 de outubro os campos de festa de Galicia. Pouco a pouco iremos ofrecendo máis temas da xira da orquestra de Negreira.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook