Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O lado festeiro do Festival de Cans

    O Porriño 2011 - Festival de Cans - cartelCartel promocional do Festival de Cans (O Porriño). Podes clicar na imaxe para vela a maior tamaño

    VIII FESTIVAL DE CURTAS DE CANS. DO MÉRCORES 18 AO SÁBADO 21 DE MAIO NO PORRIÑO

    Xa estamos ante unha nova edición do exitoso Festival de Curtametraxes de Cans, a oitava. Pero este evento cultural non é só cine, tamén trae música, e da boa.

    Se nos centramos exclusivamente na parte festeira, destacaremos actuacións como a do GRAN WYOMING acompañado polo grupo LOS INSOLVENTES, que actuarán no Porriño o venres 20, ou a actuación de  SINIESTRO TOTAL para cerrar a edición.

    Haberá moita música folk e sesións de DJ, unha sesión de funk e soul da man de CHARLIE FÁBER DJ, condutor do programa Satéli3 de Radio 3 (venres 19 no bar Tubulart) ou OS TRES TREBÓNS con Xurxo Souto, que actuarán tamén o sábado, antes que SINIESTRO TOTAL.

    O Festival de Cans foi a plataforma perfecta hai xusto dous anos (na edición de 2009) para a estrea mundial do conxunto TETÉ DELGADO Y LOS CICLONES. A presentadora e actriz estreábase na casa (O Porriño) nun dos eventos máis importantes do seu concello.

    O evento terá lugar na parroquia de Cans e no Porriño. Nas edicións anteriores pasaron polo certame máis de 5.000 persoas en cada unha delas. A xulgar polo cartel de 2011 de seguro que se incrementa o número de asistentes.

    Programa completo do VI FESTIVAL DE CURTAS DE CANS

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook