Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O longo San Xoán de Carballo

    Carballo 2013 - Festas patronais de San Xoán - cartel

    A localidade de Carballo está tamén de festas patronais. O San Xoán carballés é referencia festeira non só na comarca de Bergantiños senón en toda a zona que abrangue desde A Coruña ata a Costa da Morte. Este ano, ademais, ten a pecualiaridade de ser un dos máis longos, nada máis e nada menos que 10 días de festa (aínda que non todos con verbenas) e por onde pasarán as orquestras máis "bailongas" de Galicia: TRÉBOL, SATÉLITES, COMPOSTELA, LOS PRÍNCIPES, LOS PLAYER'S, etc... combinándose con outras que apuntan máis a outros estilos, como a CANADÁ ou DELIRIO.

    O prato forte deste ano, o concerto de EL SUEÑO DE MORFEO, que encherá a praza central de Carballo na noite do 24. Moitas actividades lúdico-festivas e culturais así como os xa clásicos fogos de artificio, a Festa do Bosque ou as tradicionais atraccións de feira do parque de San Martiño completan un programa longo que trae a festa a Carballo en todo o que queda de mes, que para iso é o patrón.

    Consulta o programa completo: Programa Festa San Xoán 2013 Carballo

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook