Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O mellor percebe do mundo está de festa

    ponteceso-corme-festa-do-percebe-2010-cartel

    O Roncudo, famoso polo seu percebe, en Corme, estivo estes días cheo de mariscadores á procura do produto estrela da zona, e podemos dicir de Galicia. Hoxe é o día da súa festa, cun programa de actos onde prima a música. Unha orquestra e charangas poñerán a nota musical a un día de festa e de exaltación gastronómica. O percebe ten hoxe a súa festa principal.

    PROGRAMA DA FESTA DO PERCEBE 2010

    A partir das 11:00 h:
    Ao longo de todo o día, Música na Rúa coa Charanga NBA e Os Galácticos

    Ás 12:00 h:
    Misa Solemne na honra dos Percebeiros, cantada pola Coral Polifónica “Brisas do Mar” de Corme

    Ás 12:30 h:
    Posta á venda dos vales do Percebe, Polbo, Empanada, Pan e Viño

    Ás 13:30 h:
    Pregón a cargo de Carlos Negreira (Expresidente de Portos de Galicia)

    Ás 14:00 h:
    Sesión Vermú cunha Gran Orquestra

    Pola Tarde:
    Sesión DJ
    Paseos en Barco ata o Faro Roncudo
    Xogos para os máis pequenos.

    Pola Noite:
    Verbena cunha Gran Orquestra e DJ Session

    P.D. A Organización dispón de + de 1000 metros cadrados de Carpa; mesas, sillas, WC e aparcamento gratuito ao lado da festa.


     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook