Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O mestre ás teas. Homenaxe a André Medeiros

    André Medeiros - Orquesta Panorama 2008 - 03 André Medeiros - Orquesta Panorama 2008 - 02 André Medeiros, ex Panorama e Costa Oeste, falecía onte con 38 anos de idade

    As redes sociais ofrécennos unha inmediatez asombrante. Case instantaneamente se van sucedendo as noticias, as boas e as malas. E unha das peores tiña lugar onte. Case ao mesmo tempo mediante o facebook de Mero Afonso (CICLÓN) e Sonia Montero (COSTA OESTE) sabía da morte de André Medeiros. Aos poucos minutos a noticia corría como a pólvora por toda a rede, tan rápida como incrible parecía.

    André Medeiros - Orquesta Panorama 2008 - 01André, á parte de percusionista e performance, tamén se disfrazaba, como na imaxe, para animar algúns temas deses que rompen cada ano polo verán. Na fotografía disfrazado de polo para o tema 'El baile del pío, pío', de El Parga

    O que fora percusionista e performance durante sete anos na orquestra PANORAMA (2002-2009) e posteriormente en COSTA OESTE, André Medeiros, deixábanos onte para sempre, a unha idade á que debería estar prohibido morrer (38). André foi o primeiro en ofrecer algo diferente ao tradicional pase de baile e despois de traballar como bailarín na orquestra de ÁNGEL ISRAEL fíxose moi coñecido en PANORAMA e non precisamente por ser percusionista, senón polos seus espectáculos e bailes, e incluso por atreverse a cantar algún tema, traballo que continuou na orquestra COSTA OESTE durante un tempo e onde coincidiu de novo con Sonia Montero despois de estaren os dous en PANORAMA.

    André Medeiros - Orquesta Panorama 2008 - 06Fotografías con de André Medeiros con Diana Cea na etapa de Panorama

    André Medeiros - Orquesta Panorama 2008 - 07 André Medeiros - Orquesta Panorama 2008 - 04Pero quizais a súa faceta máis coñecida foi a de performance traballando coas teas, tanto en Panorama como en Costa Oeste

    Esta é a nosa pequena homenaxe a un grande artista e, segundo din os que o coñecían, unha gran persoa: unha galería composta por 15 fotos das temporadas 2007-2010. Vai ser difícil afacerse a que André xa non está aquí, preferiremos pensar que se encontra en Brasil, na súa terra a onde ía sempre que podía, pero non por iso a realidade é a que é.

    ANDRÉ LUIZ MEDEIROS (1974-2012)

    D.E.P.

    Para ver a galería de fotos podes acceder a este slide ou clicar en calquera fotografía desta entrada para ir á páxina de Flickr

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook