Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Noviembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O mundo das orquestras entra nunha nova etapa en 2013

    Galicia Espectáculos - webA axencia Galicia Espectáculo foi completando a súa páxina web con toda a información sobre as orquestras e produtos que ofrece para as festas e verbenas

    A axencia Galicia Espectáculo xa é unha realidade. Entra potente a competir co resto de axencias unha nova a ter moi en conta a partir de agora, sobre todo polas comisións de festas de toda Galicia e incluso Asturias ou Castela e León, porque hai un bo número de orquestras no seu catálogo, e todas coñecidas en maior ou menor medida.

    Unha delas, das máis coñecidas e das máis mediáticas do momento, OLYMPUS, é a que leva a voz cantante neste novo proxecto. E coa banda de Negreira van outras de renome como CAPITOL ou o grupo AMÉRICA. No novo catálogo desta axencia nicrariense únense orquestras procedentes doutras axencias de Galicia, como ABANICO (desde Representaciones Lito), as prestixiosas CAPITOL e SUAVECITO (desde Espectáculos Sito Mariño) ou ODISEA e FUTURO (desde Lugonorte).

    Ademais, unha gran novidade é o desembarco de formacións musicais asturianas: ASSIA, DISTRITO XOVEN, DOMINÓ, NUEVA BANDA  ou SONORA REAL entre outras. Tamén haberá cando menos unha portuguesa: FUNÇAO PÚBLIKA e outras atraccións como a cantante SABELA ou a CHARANGA MEKÁNICA.

    Pero aínda o catálogo non está cerrado e podería haber algunha sorpresa máis, pois nas últimas horas aínda houbo unha incorporación: a orquestra IPANEMA de León formará parte da oferta orquestreira de Galicia Espectáculo.

    Raro se nos ha de facer, todo hai que dicilo, non ver a OLYMPUS xunto con PARÍS DE NOIA ou PANORAMA, a non ser que haxa certa apertura por parte dos axentes para permitir nas festas orquestras de diferentes axencias, algo pouco usual polo momento. Pero tamén se nos fará raro ver compartir cartel entre OLYMPUS e ASSIA, por exemplo. Auguramos, iso si, un maior número de actuacións en Galicia por parte dalgunhas das bandas asturianas máis recoñecidas.

    Tamén veremos cambios no resto de axencias, obviamente, dos que iremos informando estes días. Sito Mariño está a preparar unha potente e nova páxina web onde informará de todas as novidades, e o resto de competidores non van quedar atrás. Se a aparición de novas axencias, porque non é esta a única, é bo ou malo para o sector das orquestras non está nas nosas mans augurar un futuro concreto sobre isto. Hai quen ten fe en que a nova situación será boa e aumentará a competencia, hai quen opina que é "máis do mesmo"; o que si é certo é que unha nova etapa comeza en breve na verbena galega -aínda que marcada pola crise económica e a caída do número de festas e verbenas-, e queremos estar aí para contala e gozala con vós.

    Podes acceder á nova web da axencia: www.galiciaespectaculos.com

    ORQUESTRAS, GRUPO E ATRACCIÓNS DIVERSAS DE

    GALICIA ESPECTACULO

    ABANICO

    ALCÁZAR

    AMÉRICA

    ARAMIO

    ASSIA

    BOHEMIA

    CANADÁ

    CAPITOL

    CHARANGA MEKÁNICA

    COPACABANA

    DELIRIO

    DISTRITO XOVEN

    D'MOMENTO

    DOMINÓ

    FUNÇAO PÚBLIKA

    FUTURO

    GRAN CASINO

    IMPACTO

    IPANEMA

    LEDICIA ESPECTÁCULO

    LOS PRÍNCIPES

    MARIMBA

    NEVADA

    NUEVA BANDA

    NUEVA LIBERTAD

    ODISEA

    OLYMPUS

    PASITO SHOW

    SABELA

    SONORA REAL

    SON D'VIGO

    SUAVECITO

    TRISKEL

    TROCO

    VERSIÓN ORIGINAL

    XACOBEO

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook