Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Diciembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O novo grupo Metrópolis xa está no escenario

    Grupo Metrópolis 2011 - Felicitación NadalO grupo Metrópolis felicita o ano a todos os visitantes de Festa a Festa

    Informábamos non hai moito tempo da aparición dun novo grupo orquesteiro chamado METRÓPOLIS e poucos datos tiñamos sobre a formación definitiva. Hoxe podemos publicar xa o cadro de músicos e cantantes da nova formación musical.

    Caras moi coñecidas, sobre todo para os que seguen o grupo LIMÓN. Dous compoñentes desta popular formación musical son os responsables de METRÓPOLIS. Con eles chegan outros dous ex compoñentes de LIMÓN. Aos catro profesionais da verbena úneselles a voz feminina: Arantxa, procedente do grupo FÓRMULA e ex integrante de TRIUNFO; e para darlle aire fresco á nova formación representada por Espectáculos Lito, dous novos músicos no baixo e nos teclados.

    Xa temos a combinación perfecta para gozar das festas en 2011; de seguro que o grupo METRÓPOLIS dará moito que falar e sobre todo que bailar. A formación definitiva queda así:

    DIANTEIRA:

    • ANGEL (GRUPO LIMON, NOVA PALMA, NUEVA GENERACION)
    • PABLO (GRUPO LIMON,NOVA PALMA)
    • ARANTXA(GRUPO FORMULA,GRUPO TRIUNFO)

    MÚSICOS:

    • ESTEBAN BATERIA GRUPO LIMON)
    • CARLIÑOS BAJISTA
    • BORJA GUITARRA ( GRUPO LIMON)
    • CARLOS PIANISTA

    Por último, desde a dirección do grupo METRÓPOLIS queren felicitar as festas e desexar un bo ano 2011 a todos os visitantes de Festa a Festa. O mesmo lle desexamos desde este blog a toda a formación musical. Que veña un ano cargado de boas festas!

    ______________________________

    Podes agregar a METRÓPOLIS nas redes sociais Facebook e Tuenti

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook