Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Porriño 12+1

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 02No Porriño, a orquestra Panorama estará acompañada no seu escenario por varios concursantes do exitoso programa Gran Hermano 12+1 e mais polo ciclista e comentarista Óscar Pereiro / © Foto: roxegar 2012

    As festas do Cristo do Porriño chegan hoxe ao seu ecuador. Desde o venres hai verbenas e distintas actividades de todo tipo: culturais, gastronómicas, deportivas e de festa, as atraccións funcionan tamén desde ese día e farano durante toda a semana. Ambiente de festa só deslucido polo tempo de chuvia e vento que nos toca sufrir xa no comezo do outono. PARÍS DE NOIA, MAGOS DE ESPAÑA, RITMO JOVEN, SALSA ROSA e JERUSALÉN foron as orquestras contratadas para os primeiros días do Cristo no Porriño. Hoxe cérrase a primeira parte das verbenas nesta localidade pontevedresa, pois aínda que as festas seguen con múltiples actos e actividades, non será ata o sábado cando volverá a haber verbena. LA OCA e a orquestra PANORAMA serán os encargados de cerrar esta noite a primeira entrega verbeneira con sorpresas, pois no escenario da orquestra caldense farán acto de presenza catro concursantes da pasada edición de Gran Hermano 12+1 e o ciclista e comemtarista deportivo Oscar Pereiro, que xa non é a primeira vez que sobe ao escenario de PANORAMA pois xa fixera o propio nas festas de Castelo (Culleredo) a finais do pasado mes de agosto.

    As verbenas do Porriño continuarán o vindeiro día 20 a cargo de dous dos mellores grupos verbeneiros do momento: CLAXXON e AMÉRICA. A orquestra TANGO será a encargada de cerrar definitivamente as festas o día 30 despois da xornada denominada Festa dos Callos; un cartel impresionante para máis dunha semana de festas.

    Consulta o PROGRAMA COMPLETO das Festas do Cristo do Porriño 2012

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook