Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O queixo de Arzúa está de celebración

    Arzúa 2012 - Festa do Queixo - cartel 2 Cartel promocional da 37ª edición da Festa do Queixo de Arzúa

    Día grande, hoxe, dentro da programación da Festa do Queixo de Arzúa, encontro gastronómico, un dos máis importantes da comarca, que cumpre nesta edición 37 anos.

    Os actos, coma sempre, son moi variados aínda que prima a música. Estilos diferentes, como vén sendo habitual, para dúas citas musicais ineludibles esta fin de semana, en dous marcos diferentes: a Praza de Galiza e o Campo da feira. Pero hai máis, á parte da música, como o concurso de petiscos, a exposición de carteis, un obradoiro de graffiti, cinema e creación audiovisual, degustación popular de queixo, etc.

    Ofrecemos a continuación o programa musical da XXXVII edición da Festa do Queixo. Se precisas máis información podes consultar a web da festa, onde atoparás moitos apartados de interese e con datos útiles para achegarse estes días ata terras arzuanas.

    Páxina web da Festa do Queixo: www.festadoqueixo.org

    Arzúa 2012 - 37 Festa do Queixo - cartel webCartel gañador desta edición da Festa do Queixo. Autora: Ana García Pardo

    Sábado, 3 de marzo

    11.00h. APERTURA DE PORTAS RECINTO FEIRAL 'TERRA DO QUEIXO' Ao longo da mañá, Pasacalles co grupo de gaitas "Castro Curbín" Nas rúas, prazas e recinto feiral Ao longo do día, Exposición "Concurso de Carteis Festa do Queixo" Capela da Madanela, de 11 a 13h. e de 16 a 18h. 11.00h. - 12.30h. Obradoiro de SKATEBOARD Praza de Galiza (en caso de choiva no CEIP de Arzúa) (>10 anos). Prazas limitadas. Inscrición de balde ata o 1 de marzo: tel. 981 500 222 INAUGURACIÓN E PREGÓN: TETÉ Y LOS CICLONES (acústico) 13.00.h | Recinto Feiral Terra do Queixo www.teteylosciclones.com 16.00h. - 17.00h. Queres verte no festival? Retrátate no FOTOCALL DO QUEIXO!!! Recinto Feiral -zona central planta baixa- Únicos requisitos: soster un anaco de queixo (vale o queixo enteiro) ou levar posta calquera prenda da festa: mandil, camiseta, pin... e o teu mellor sorriso! :) 17.00h. - 18.30h. Obradoiro de COCIÑA CREATIVA -MOCIDADE- con André Arzúa Cociña Recinto Feiral -1º andar- De 12 a 18 anos. Inscrición tel 981500222. Prazas limitadas (8€, inclúe agasallo do mandil e gorro de 'chef') 17.30h. Espectáculo de rúa: Grupo Batuki de Montealto Festa de rúa con este animado grupo de percusionistas, malabares e zancudo! Nas rúas, prazas e recinto feiral Taller de Creación Musical Con Helios Vega -Kárabu- e David Van Bylen -Estereotypo- (>12 anos). Inscrición de balde ata o 2 de marzo. Tel. 981500222 18.00h. - 20.00h. | Recinto Feiral 1º andar 21.00h. PECHE DO RECINTO FEIRAL -aseos abertos durante os concertos ata a 01h am.- 21.30h. FESTIVAL DO QUEIXO KASE.O JAZZ MAGNETISM 21.30h | Campo da Feira myspace.com/kaseojazzmagnetism WE ARE STANDARD 23.15h. | Campo da Feira www.wearestandard.net BERLINA -Gañador do Queixo Maquetón 2012- 01.00h. | Praza de Galiza myspace.com/berlinarock SAMMY JO -Scissors Sisters DJ- 02.00h. | Praza de Galiza myspace.com/sammyjoscissorsisterstourdj

    Domingo, 4 de marzo

    10.00h. APERTURA RECINTO FEIRAL 'TERRA DO QUEIXO'- 11.00h. Pasacalles co grupo de gaitas "Os Melidaos" 11.00h. - 12.00h. Queres verte no festival? Retrátate no FOTOCALL do queixo!!! Recinto Feiral -zona central planta baixa- Únicos requisitos: soster un anaco de queixo (vale o queixo enteiro) ou levar posta calquera prenda da festa: mandil, camiseta, pin... e o teu mellor sorriso! :) 11.30h. - 13.00h. Obradoiro de GRAFFITI -INFANTIL- Recinto Feiral -corredor 1º andar- De 5 a 12 anos. Inscrición de balde ata o 1 de marzo. Prazas limitadas tel. 981 500 222 13.00h. - 14.30h. Obradoiro de COCIÑA CREATIVA -INFANTIL- con André Arzúa Cociña Recinto Feiral -1º andar- De 7 a 12 anos. Inscrición ata o 1 de marzo. Prazas limitadas. tel 981500222 (8€, inclúe agasallo do mandil e gorro de 'chef') Permítese a presenza de acompañante adulto. 13.00h. - 14.30h. Obradoiro "Á COCIÑA CO QUEIXO E O MEL" Centro de Divulgación do Queixo e do Mel (Feira do Gando - Santa María, Arzúa). Co cociñeiro Alex Pereira. Prazas limitadas. Inscrición previa (5€). 16.30h. Pasacalles co grupo de gaitas "Sobreiras do Ulla" 17.00h. Festa e música polas rúas de Arzúa coa Charanga 'Os Amigos de Visantoña' Nas rúas, prazas e recinto feiral 18:00h. Obradoiro 'APRENDE A FACER QUEIXO' e degustacións comentadas de queixo e mel Centro de Divulgación do Queixo e do Mel (Feira do Gando - Santa María, Arzúa). Duración: 1 h. Prazas ata completar aforo (50 persoas). De balde. 18.00h. FESTIVAL DO QUEIXO O FIADEIRO 18.00h. | Praza de Galiza www.ofiadeiro.com TREIXADURA 19.30h. | Praza de Galiza www.treixadura.com 19.00h. PECHE DO RECINTO FEIRAL

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook