Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O queixo de Arzúa está de celebración

    Arzúa 2013 - 38 Festa do Queixo - cartel Cartel promocional da 38ª edición da Festa do Queixo de Arzúa

    Fin de semana grande dentro da programación da Festa do Queixo de Arzúa, encontro gastronómico, un dos máis importantes da comarca, que cumpre nesta edición 38 anos.

    Os actos, coma sempre, son moi variados aínda que prima a música. Estilos diferentes, como vén sendo habitual, para dúas citas musicais ineludibles esta fin de semana, en dous marcos diferentes: a Praza de Galiza e o Campo da feira. Pero hai máis, á parte da música, como o concurso de petiscos, a exposición de carteis, un obradoiro de graffiti, cinema e creación audiovisual, degustación popular de queixo, etc. A actuación da gaiteira CRISTINA PATO na tarde dominical será o evento de cerre desta edición.

    Ofrecemos a continuación o programa musical da XXXVIII edición da Festa do Queixo. Se precisas máis información podes consultar a web da festa, onde atoparás moitos apartados de interese e con datos útiles para achegarse estes días ata terras arzuanas.

    Páxina web da Festa do Queixo: www.festadoqueixo.org

    Arzúa 2013 - 38 Feira do Queixo - programación

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook