Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Rei das festas: San Froilán 2010

    lugo-san-froilan-2010-cartel

    Comeza hoxe e ata o próximo día 12 o programa festivo do mes de outubro por excelencia: o San Froilán de Lugo. Un ano máis as atraccións de feira no parque Rosalía, o escenarios da Horta do Seminario e praza de Santa María e o entorno da praza Maior están preparados para acoller milleiros de visitantes durante máis dunha semana.

    As casetas do polbo, outra das grandes actividades da festa luguesa, xa funcionan desde a pasada semana no seu lugar habitual, a rúa transversal entre o parque Rosalía e a primeira bancada baixando cara á explanada da polideportiva. Ademais, todas as rúas da zona do parque acollen centos de casetas e postos de venda, como vén sendo habitual.

    Moitas son as actividades preparadas para a Semana Grande do San Froilán, onde non faltará tampouco a música. Ofrecemos a lista de actuacións musicais para ter en conta ata o día 12 de outubro en Lugo, onde se non!

    Día 2.- KIKE GANSO. KIMURU. JOSELE SANTIAGO. Día 3.- 20:30 - BATITAL. Plaza de Santa María. Gratuito KIBITKA. Suspendidos por temporal. Avisarase da nova data Día 4.- ORQUESTRAS POCEIRO E PLATERÍA Día 5.- 20:30 - CONCHA BUIKA. Praza de Santa María. Gratuíto. ORQUESTRA TANGO. Día 6.- CERTAMEN DE BANDAS. Día 7.- 20:30 - LOS GOFIONES. Praza de Santa María. Gratuíto. PIGNOISE. Praza Horta do Seminario. Gratuíto. Día 8.- 20:30 - JUAN PERRO. Praza de Santa María. Gratuíto 23:30 - PLACEBO. Plaza Horta do Seminario. Gratuito. Suspendido por enfermidade do cantante GRUPO AMÉRICA E ORQUESTRA SUAVECITO Día 9.- ILEGALES. ORQUESTRA LOS PLAYERS E ORQUESTRA LEDICIA ESPECTÁCULO FOLCLORE TRADICIONAL Día 10.- 20:30 - MASTRETTA. Praza de Santa María. Gratuíto FÓRMULA V ORQUESTRA COMPOSTELA Día 11.- 20:30 - BRATH . Praza de Santa María. Gratuíto 22:00 - JOAQUÍN SABINA. Pazo Universitario. ORQUESTRA GRAN CANARIA E GRUPO D`MODA Día 12.- ORQUESTRA LOS SATÉLITES

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook