Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Mayo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O ritmo da noite de Jerusalén 2014

    Orquesta Jerusalén 2014 - cartelA orquestra Jerusalén estrea unha imaxe moi oitenteira na súa xira 2014

    A orquestra pontevedresa JERUSALÉN non fai máis que ofrecer novidades ultimamente. A formación musical dirixida por Jorge Menéndez presentaba hai uns meses as novas caras de cara á temporada 2014 e, baixo o lema Vente al ritmo de la noche, nesta edición leva nova voz feminina e algún que outro músico. Poucos cambios no elenco de profesionais, tal como nos ten acostumados.

    O gordo dos cambios non está, daquela, no equipo humano de JERUSALÉN, está en todo o demais: repertorio totalmente renovado, para todos os públicos dependendo de quen estea diante do escenario, pois non todas as festas son iguais e non todos os públicos demandan os mesmos estilos de música. Aínda así, temas de lucimento, algunhas pezas que dificilmente podemos atopar nos repertorios doutras orquestras e detalles especiais que sempre teñen os membros de JERUSALÉN prevalecen no repertorio da formación musical.

    E para adornar o espectáculo 2014, escenario totalmente novo de grandes dimensións e con nova montaxe e equipo de iluminación. Sen dúbida a novidade máis importante en JERUSALÉN 2014, polo menos visual, pois a orquestra pasa dun palco modesto a outro que pouco ten que ver e que axudará a ofrecer un traballo en conxunto máis vistoso. En palabras do propio Jorge Menéndez: "Era o que nos faltaba para poder ofrecer o espectáculo máis completo que queríamos".

    E por último a imaxe para 2014 actualizada, que presentamos hoxe en Festa a Festa ao mesmo tempo que o fai a formación musical. Unha imaxe moi "oitenteira" acorde co lema da xira 2014. Sen dúbida moitas novidades para seguir enriquecendo o espectáculo dunha orquestra que empezou sendo pequena pero que medra cada temporada que pasa grazas, sobre todo ao seu bo facer.

    JERUSALÉN 2014, Vente al ritmo de la noche... chega a JERU coas pilas cargadas para unha nova temporada alta de festas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook