Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O San Antonio de Xallas sempre a máis

    Cee 2011 - Festas de San Antonio en Xallas - programaPrograma das festas de patronais de Xallas (Cee), que tiveron lugar esta fin de semana

    Chéganos puntualmente a información sobre o resultado das festas de San Antón en Xallas (Cee). A localidade ceense celebrou as patronais esta fin de semana e o resultado, para non variar, é moi positivo. Varios miles de persoas congregáronse no día grande das festas, a noite do sábado, para gozar da música e do espectáculo de NEBRASKA e da orquestra PANORAMA. O reclamo maior deste ano surtiu efecto.

    En Xallas traballan arreo todo o ano para poder ofrecer unhas festas de calidade coa incorporación ao cartel dunha das orquestras de máis sona do momento. Se o ano pasado lograron levar a OLYMPUS (orquestra, por outro lado, da que son seguidores varios membros da comisión), este ano, esquecéndose da crise, propuxéronse levar a PANORAMA. Propuxérono e conseguírono...

    Agora a comisión empezará a traballar xa nas festas do vindeiro ano para poder ofrecer de novo o repertorio dunha grande orquestra entre outras actividades. O traballo é arduo pero ao final, vendo os resultados, ben paga a pena...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook