Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O San Pedro despide esta noite numerosas festas

    El Combo Dominicano 2012 - orquesta - cartel A orquestra El Combo Dominicano pon esta noite o broche final nas festas de Santa Comba. A capital do Xallas é unha de tantas localidades que en horas cerrarán as súas celebracións máis importantes do ano

    E o festón desta noite en multitude de localidades galegas (aquí ofreceos só algunhas delas) pódese ver desbordado dependendo do resultado final do partido de fútbol da Selección Española. A moitas festas como Boiro ou Coia súmanselles esta noite as festas das Cereixas en Vilacoba e Paiosaco, e tamén moitas celebracións do San Pedro que se viñeron sucedendo durante esta fin de semana festeira.

    Porque hoxe en Randufe (Tui) rematan os festexos cunha dobre verbena a cargo das orquestras PONTEVEDRA e SALSA ROSA. Tamén en Vilalonga (Sanxenxo) acaban as festas patronais, aínda que aquí volverán para celebrar a Virxe do Carme en quince días. De momento haberá unha pausa festiva e a fin de festa desta volta estará a cargo de CANELA e ATLANTA.

    Tamén en Mesón do Vento (Ordes) onde anunciabamos o venres a actuación en estrea do novo espectáculo da orquestra COSTA OESTE. Os festexos continuaron durante onte e hoxe e a orquestra LA BÁMBOLA é a encargada da última actuación de 2012.

    Pola súa banda, a orquestra FILADELFIA amenizará a última verbena en Figueiredo (Paderne de Allariz) e NUEVA GENERACIÓN fará o propio en Bugallido (Ames). Mentres, na provincia luguesa, a orquestra FOLIADA poñerá o broche en Soñar e MARCA farao en Soandres (A Laracha), no mesmo concello onde remata tamén a celebración das cereixas a poucos quilómetros da Coruña. Neste caso será a orquestra PALLADIUM a que amenizará o último pase verbeneiro.

    En Herbogo (Rois) están que non o cren, pois despois de bastantes anos sen festas, este ano recuperaron as súas celebracións de San Pedro e será o dúo ÓBICE CAPITAL o encargado de abrir a festa de hoxe para dar paso a CICLÓN que presentará na pequena localidade o seu novo espectáculo Un nuevo Sol.

    A orquestra coruñesa AÑORANZA ofrece os últimos bailes do ano nunha pequena localidade arzuana, A Mella, mentres que en Santa Comba tamén darán por finalizadas as festas deste ano, que sufriron recortes no presuposto moi importantes. Aínda así pasaron boas orquestras pola localidade capital do Xallas e será a canaria EL COMBO DOMINICANO a que deixará ben alto o listón para o vindeiro ano.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook