Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O San Ramón inunda de festas toda Galicia

    Cabana de Bergantiños 2011 - San Ramón en O Esto - cartel pequenoO San Ramón é un dos santos festeiros por excelencia en Galicia. Nas catro provincias galegas hai propostas festeiras para honrar a San Ramón. En Vilalba, en Bealo (Boiro) [das que xa informamaos en Festa a Festa], Guísamo (Bergondo), O Esto (Cabana de Bergantiños), San Clemente (Caldas de Reis) e un longo etcétera, estes días vívense as festas grandes.

    As de Vilalba xa van chegando ao final pero tamén hai que dicir que foron moitos días de festa. Para saberes sobre as últimas propostas musicais podes visitar a páxina web do Concello.

    No Esto (Cabana de Bergantiños), o cartel é de excepción: MASTER, COSTA OESTE, EL COMBO DOMINICANO e ALARMA, grandes nomes para amenizar tres días de festa que rematan o domingo da man da orquestra coruñesa. Aquí tamén aproveitan para facer a Festa do porco ao espeto, que vai pola segunda edición.

    D'Moda 2011 - grupo - cartelEn Guísamo (no concello coruñés de Bergondo, ao lado da entrada a Betanzos indo pola Coruña), tamén celebran estes días as festas grandes. O orzamento deste ano sufriu un considerable axuste que imposibilita contar con algunha das orquestras consideradas "grandes" como era habitual nas pasadas edicións. Para a primeira verbena (venres) contouse coa orquestra TROPICANA LEÓN, para o sábado o espectáculo de PARÍS DE OZA, unha formación en playback formada por afeccionados que naceu hai un par de anos para pasalo ben e posibilitar que algunhas parroquias e lugares que non tiñan presuposto puidesen facer festas. A de Oza imita a de Noia, á de verdade, e nas súas filas está ata o crego de Oza.

    O domingo contará coa actuación do espectacular grupo D'MODA e para o martes, día da sardiñada, a orquestra RÍA DE BETANZOS amenizará o acto gastronómico e pola noite a última verbena será a cargo das orquestras GRAN CANARIA e LEDICIA ESPECTÁCULO.

    Caldas de Reis 2011 - Festas de San Ramón en San Clemente - cartelE para rematar, as festas en San Clemente (Caldas de Reis) na honra a San Ramón: EMPERADORES e a espectacular PANORAMA son as encargadas da primeira verbena. O grupo ALKAR e mais a orquestra MAGOS DE ESPAÑA cerran o domingo as celebracións.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook