Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O San Roquiño de Tállara pisa forte en Lousame

    Lousame 2011 - Festas do San Roquiño en Tállara - cartelEspectacular cartel verbeneiro para o San Roquiño de Tállara

    En terras de Lousame están de festas ata o vindeiro venres; é unha das celebracións de máis sona do concello: o San Roquiño de Tállara vai de festa durante case unha semana e trae algunhas das mellores orquestras de baile do momento.

    Cunha gran verbena a cargo da orquestra CAPITOL e do grupo AMÉRICA S.L. comeza hoxe o calendario festeiro en Tállara, que trae cada día e ata o vindeiro venres dúas agrupacións musicais. O esforzo por parte da veciñanza das distintas parroquias e tamén do concello permite un cartel máis que digno para os tempos que corren, á parte da celebración durante seis xornadas dunhas das festas máis importantes do concello.

    As orquestras coruñesas LOS SATÉLITES e LOS ESPAÑOLES serán as seguintes en actuar (luns). Séguenlles a SOLARA acompañada de LOS TROVADORES (martes), CHARLESTON BIG BAND e PONTEVEDRA (mércores), MAGOS DE ESPAÑA e a GRAN PARADA (xoves) para rematar con ISMAEL e ODISEA (orquestra do concello veciño de Porto do Son). Un variado cartel en canto a orquestras que non deixa lugar para o aburrimento durante case unha semana en Tállara. O San Roquiño, outro ano máis, pisa forte e cerra por todo o alto o calendario festeiro no concello de Lousame.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook